Os últimos días Catalunya está a recibir graves vulneracións de dereitos e liberdades fundamentais. Os acontecementos sucédense nunha escalada que pisa os valores democráticos máis básicos.
Temos visto como se limitaron a liberdade de expresión, de prensa, de reunión, e como se repartiron ameazas de inhabilitación, sanción e querelas a cargos públicos e electos do noso país.
O que hai uns días comezou como rexistros en imprentas, medios de comunicación e empresas de correo postal, foi tan só un preludio que seguiría cos 700 alcaldes e alcaldesas chamados a declarar pola fiscalía, detencións de traballadores públicos e de altos cargos, o peche de webs informativas, e recentemente ca intervención dos Mossos d’Esquadra.
Fronte a estes feitos os bombeiros queremos:
- Manifestar o noso rexeitamento fronte a estas vulneracións de dereitos.
- Dar o noso apoio aos Mossos d’Esquadra nestes momentos tan complicados para eles, e comunicarlles que no noso colectivo atoparán un aliado.
- Facer un chamamento á resistencia pacífica fronte a calquera acto de violencia. Somos un corpo de emerxencias e seguridade que ten como unha das súas finalidades previr as situacións de risco, e nestes intres nos que a situación o require, é cando queremos transmitir calma. Aquí estamos e aquí estaremos.
Os bombeiros estivemos historicamente á beira do pobo. Temos como raíz do noso traballo o compromiso coa sociedade. Somos un servizo público que velou e velará por todos os cidadáns, sen excepcións, transversalmente, e é xustamente neste sentido transversal onde atopamos un eixo común inapelable que se chama democracia, que hoxe máis que nunca precisa da nosa firmeza.
Sempre sentímonos moi queridos pola xente, e a nosa resposta nun intre no que se atropelan os nosos dereitos non pode ser outra que estar xuntos, á beira da xente, e se iso significa saír á rúa, sairemos.
Bombeiros en defensa da paz e a democracia
Manifesto publicado o 27 de setembro de 2017